Adiós, montes e prados, igrexas e campanas; adiós, Sar y Sarela, cubiertos de enramada; adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas; Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas; San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas; Balvís, para mi siempre de hondas remenbranzas; Santo Domingo, donde cuanto quise descansa -Vidas da miña vida, anacos das entrañas-; e vós tamén, sombrisas paredes solitarias; adiós, sobras queridas; adiós, sombras odiadas; outra vez os vaivéns da fertuna pra lonxe me arrastran.
Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba; os mesmos montes negros i as mesmas alboradas, do Sar e do Sarela mirándose nas augas; os mesmos verdes campos, as mesmas torres pardas da catedral servera ollando as lontananzas. Mais os que agora deixo tal comoa a fonte mansa ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas, ¡cánto, cando eu tornare, vítimas da mudanza, ¡cánto terán de presa andando na senda da desgracia! I eu…, mais eu ¡nada temo no mundo! que a morte me tarda!
1 comentario:
Adiós, montes e prados, igrexas e campanas;
adiós, Sar y Sarela, cubiertos de enramada;
adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas;
Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas;
San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas;
Balvís, para mi siempre de hondas remenbranzas;
Santo Domingo, donde cuanto quise descansa
-Vidas da miña vida, anacos das entrañas-;
e vós tamén, sombrisas paredes solitarias;
adiós, sobras queridas; adiós, sombras odiadas;
outra vez os vaivéns da fertuna
pra lonxe me arrastran.
Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba;
os mesmos montes negros i as mesmas alboradas,
do Sar e do Sarela mirándose nas augas;
os mesmos verdes campos, as mesmas torres pardas
da catedral servera ollando as lontananzas.
Mais os que agora deixo tal comoa a fonte mansa
ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas,
¡cánto, cando eu tornare, vítimas da mudanza,
¡cánto terán de presa andando na senda da desgracia!
I eu…, mais eu ¡nada temo no mundo!
que a morte me tarda!
Publicar un comentario